Xosé Manoel Conde / Actor

Xosé Manoel Conde

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Xosé Manoel Conde
Xosé Manoel Conde
Actor

 1950   



Actor de teatro desde 1968 ata a actualidade, protagonizou e coguionizou as series “Trapouso” (TVE, 1978) e “O Campo de atrás” (TVE-G, 1982). Ademais de TV (“El hotel de los líos”, A3 1994) ten feito radio e bandas sonoras. Conta con experiencia cinematográfica, facendo de secundario e actor de reparto en diversas longametraxes como “Huídos” (1992) e protagonizando as curtas “Gran Curva”( Roi Cagiao) e “La Barbería” (García Pinal, 1993). Ten impartido cursos de teatro, voz e dramatización desde 1990.

Formación específica: Cursos de voz, expresión corporal e creación do personaxes, entre outros, con José Struch, José Monleón, Ricard Salvat, Jesús del Rio, Andrés Alcántara e Juán Margallo. Iluminación con José Miguel López Saez, César Linares, Juan Carlos Moreno e José Maria Parragón. Escenografía na Aula de Teatro da USC, baixo a dirección do Dramaturgo Francisco Nieva.

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org